Buscar

Facemos Historia

Unha viaxe sonora a través do tempo

Mudámonos…

Seguimos en:

https://www.facemoshistoria.gal

Reconquista e repoboación. A construción da idea de España

Que entendemos por Reconquista? Que significa que se fale de diversos modelos de repoboación na Península Ibérica durante a Idade Media? Que ten que ver a construción do Estado liberal en España no s. XIX coa idea da Reconquista e Repoboación? Se na Galiza non se pode falar para a Idade Media nin de Reconquista nin de repoboación, é que non forma parte da Historia de España medieval?
Seguir lendo “Reconquista e repoboación. A construción da idea de España”

Al-Ándalus: os musulmáns na Península Ibérica

Como se produciu a chegada do Islam á Península Ibérica? En cantas etapas poderiamos dividir a historia de Al-Ándalus? Por que se di que Al-Ándalus chegou a ser un referente político, económico e cultural na Europa occidental na Idade Media? Foi Galiza ocupada polos musulmáns?
Seguir lendo “Al-Ándalus: os musulmáns na Península Ibérica”

A monarquía visigoda

Quen foron os visigodos? Que características presenta o reino que fundaron na península? Por que este reino se desintegrou tan rapidamente trala derrota na batalla de Guadalete fronte as tropas musulmás no ano 711? Temos que saber toda a listaxe de nomes dos reis godos?
Neste episodio de Historia Take Away tentamos dar resposta a estas e a outras preguntas. Cuarto episodio desta serie dedicada á Historia de España de 2º de Bacharelato, desde a Prehistoria até a actualidade. Viaxamos até a Alta Idade Media, en concreto ao s. VII. Ben, un pouco antes, mais será este século onde o reino visigodo protagonice a historia de España.
Seguir lendo “A monarquía visigoda”

Todos os camiños conducen a Roma: a conquista romana da Península Ibérica

    1. Como se produciu a conquista romana da península Ibérica?
    2. Como organizaron os romanos este territorio?
    3. Que influencia tivo desde o punto de vista económico e social para as poboacións indíxenas da Península a súa incorporación ao mundo romano?
    4. Que se entende por romanización?

Non tes 20 minutos para te achegar á conquista romana da Península Ibérica? Seguro? Non pasa nada. Aquí te achegamos as conclusións finais do episodio, para que che fagas unha idea do que falamos, mais non perdas a oportunidade viaxar ao ano 218 a. C., desde onde ti quixeres.

Seguir lendo “Todos os camiños conducen a Roma: a conquista romana da Península Ibérica”

Os pobos prerromanos na Península Ibérica

Que pobos habitaban a Península Ibérica á chegada dos romanos?
Quen foron os íberos? Existiron celtas na Península Ibérica? Galiza foi celta? Que ten que ver con todo isto a cultura castrexa?

-—
Non tes 20 minutos para te achegar ao Neolítico peninsular? Seguro? Non pasa nada. Aquí te achegamos as conclusións finais do episodio, para que che fagas unha idea do que falamos, mais non perdas a oportunidade viaxar até o primeiro milenio, en concreto até o 218 a. C, desde onde ti quixeres.

  1. Baixo a denominación pobos prerromanos estamos a falar dunha grande variedade de pobos que habitaban na PI no primeiro milenio a. C., no período que se correspondería coa Idade do Ferro ou a Protohistoria peninsular.
  2. As principais fontes utilizadas polas/os historiadores para coñecer a vida destes pobos son a epigrafía, a arqueoloxía e a onomástica (toponimia, antroponimia e teonimia).
  3. Á chegada dos romanos á PI no marco da Segunda Guerra Púnica (218 a. C.), podemos falar da existencia de DÚAS ÁREAS HISTÓRICO-CULTURAIS, que agruparían a unha grande variedade de pobos: a área ÍBERA e a área CELTA ou INDOEUROPEA. O que as diferencia é a LINGUA e o sistema de ENTERRAMENTOS (a inhumación entre as poboacións íberas e a incineración entre as celtas).
  4. A área íbera é a resposta cultural indíxena aos estímulos dos colonizadores fenicios e gregos. Son pobos moi diferentes mais que terán en común a lingua, o desenvolvemento dunha especie de monarquía, a importancia do comercio na súa economía e que serán rapidamente absorbidos polos romanos. Existen dúas grandes áreas: a levantina e a zona sur.
  5. O segundo grande grupo de pobos integran a ÁREA INDOEUROPEA OU CELTA. É un termo esencialmente linguístico, xa que non todos os pobos son etnicamente ode orixe céltica. Teñen unha serie de aspectos comúns: o peso da gandaría e o menor do comercio fronte aos íberos, o papel da guerra na configuración da súa estrutura social, onde non atoparemos esa especie de monarquía, e o predominio da cremación como xeito de enterramento.
  6. A área indoeuropea ou celta dividímola en DOUS GRUPOS: os celtibéricos, o mundo propiamente céltico, que se estende polo centro e sur da PI, e os galaicos, onde se deu unha celtificación mais que conserva un forte substrato das poboación previa.
  7. Este é o momento onde se desenvolve na Galiza, na Gallaecia romana máis concretamente, a chamada CULTURA CASTREXA. Os castros supoñen a ocupación fixa do territorio e o desenvolvemento dun sistema de economía sedentaria.

Acompáñanos nesta viaxe ao á protohistoria peninsular.

RECURSOS (PARA LER E PROFUNDAR NO TEMA)

Onde nos escoitar…


Oe ou descarga o audio do episodio en spreaker:

Oe ou descarga o audio do episodio en ivoox.

Oe ou descarga o audio do episodio en iTunes.

Descarga directa do mp3

Ademais destas plataformas de podcast, quen o así o preferiren, poder ouvir este episodio a través da nosa canle en youtube.

E tamén en Spotify!

Imaxe: Castro de Santa Tegra, A Guarda..

CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons, Atribución 3.0): Músicas da sintonía: District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com). Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)

O Neolítico na Península Ibérica

A que denominamos Neolítico? Cando tivo lugar? Que transformacións comportou? Existiu Neolítico na Galiza?
Neste episodio de Historia Take Away tentamos dar resposta a estas e a outras preguntas. Comezamos coa serie que nos vai levar ao longo deste curso polo Historia de España de 2º de Bacharelato, desde a Prehistoria até a actualidade.
-—
Non tes 20 minutos para te achegar ao Neolítico peninsular? Seguro? Non pasa nada. Aquí te achegamos as conclusións finais do episodio, para que che fagas unha idea do que falamos, mais non perdas a oportunidade viaxar ao Neolítico, desde onde ti quixeres.

  1. Co Neolítico o ser humano vai utilizar innovadoras técnicas de actuación sobre o medio físico controlándoo por medio da agricultura e gandaría.
  2. O Neolítico supón unha transformación total, unha revolución, das sociedades paleolíticas, que non so se limita á aparición da agricultura e da gandería, senón que vai supor unha certa sedentarización da poboacións, a aparición dos excedentes, o desenvolvemento dos intercambios comerciais, os inicios da xerarquización e da especialización das sociedades, ou o desenvolvemento de novos sistemas de crenzas.
  3. Na Península Ibérica o Neolítico ten un carácter alóctono, é dicir, vén de fóra, do Próximo Oriente chegarían comunidades neolíticas a través do Mediterráneo.
  4. O Neolítico peninsular estédese desde o 7400 BP até mediados do III milenio a. C. Estes catro mil anos divídense en 3 etapas: Neolítico Inicial, Medio e Final. O proceso de neolitización desenvolveuse con diferentes ritmos ao longo da Península Ibérica.
  5. Polo que respecta a Galiza, enténdese que as sociedades construtoras dos megálitos serían as que introducirían os cambios que denominados Neolítico. Isto acontecería na segunda metade do IV milenio BP.
  6. E ÚLTIMO E NON POR ISO MENOS IMPORTANTE, o Neolítico supuxo tamén unha modificación no sistema de crenzas, ideolóxico, coma se pode observar na arte rupestre e no Megalitismo, fenómeno que se desenvolve en diferentes zonas da Península Ibérica mais que se presenta de maneira singular en Galiza.

Acompáñanos nesta viaxe ao Neolítico peninsular.

RECURSOS (PARA LER E PROFUNDAR NO TEMA)

El neolítico en la Península Ibérica – CONOCER ESPAÑA
O Neolítico na Península: Desenvolvemento e materiais. Un material sintetizado en táboas sobre esta etapa.
Probas do Neolítico na Península Ibérica hai 7400 anos.
Os primeiros poboadores neolíticos da Península Ibérica
Pedras Miúdas, o “epicentro” do megalistismo en Galicia. De http://www.historiadegalicia.gal, un portal de referencia para quen goste da historia e da Galiza.
O Megalitismo na Galiza. Queres viaxar e achegarte aos monumentos megalíticos. Aquí atoparás un mapa que te permitirá acceder ao monumento que desexes coñecer.

Onde nos escoitar…


Oe ou descarga o audio do episodio en spreaker:

Oe ou descarga o audio do episodio en ivoox.

Oe ou descarga o audio do episodio en iTunes.

Descarga directa do mp3

Ademais destas plataformas de podcast, quen o así o preferiren, poder ouvir este episodio a través da nosa canle en youtube.

Imaxe: Dolmen de Meixoeiro, Mos.

Unha, grande e libre: a Historia de España en 2º de Bacharelato

Reyes_visigodos_Codex_Vigilanus

“O estudo da historia de España é esencial para o coñecemento e comprensión do noso pasado senón tamén do mundo actual”. Con esta frase ábrese a introdución do currículum oficial na Galiza da materia de Historia de España de 2º de Bacharelato.

Seguir lendo “Unha, grande e libre: a Historia de España en 2º de Bacharelato”

Presentación

logo-take awayPresentación de Historia Take Away, o podcast que saca a historia das aulas para que a leves e a escoites onde ti quixeres. Nesta primeira xeira imos presentar os contidos da materia de Historia de España de 2º de Bacharelato. Atoparás todos os temas e os conceptos dos que te van examinar en neste curso e nas probas ABAU.

Seguir lendo “Presentación”

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑