Buscar

Facemos Historia

Unha viaxe sonora a través do tempo

#01.23.Guía para non se perder: historia e podcasts

Captura de pantalla 2017-08-07 a las 19.46.50

Chegou o verán, un tempo ideal para nos mergullar non só nas moitas praias do noso país, senón tamén nos podcasts. Co noso móbil e uns auriculares ábresenos un mundo de posibilidades.
E con este epiodio 23 chega ao seu fin unha primeira tempada na cal viaxamos no tempo, do século XV ao XXI, así como de París a Ourense ou de Tanzania aos Estados Unidos.
Calquera momento é bo para escoitar podcast, mais este próximo mes e medio son ideais para descubrir novos programas aos que ao longgo destes meses non puidemos chegar. E co afán divulgativo que nos caracteriza, adentrámonos no mundo do metapodcasting, para vos presentar e falar un chisquiño dos podcast de historia que máis se escoitan, segundo os datos de Itunes España.

Continue reading “#01.23.Guía para non se perder: historia e podcasts”

Advertisements

#01.22. Martiño Lutero para dummies … e para ateos

Autograf,_Martin_Luther,_Nordisk_familjebok

Achegámonos a unha das figuras máis controvertidas do s. XVI, tanto en vida como despois de morto. Herexe para uns, apóstolo e profeta para outros, Martiño Lutero marca un antes e un despois na historia da igrexa, mais tamén da historia de Europa.
Cando un 1 de novembro de 1517, do cal se cumpren este ano o 500 aniversario, Martiño Lutero crava na porta da igrexa do palacio de Wittenberg as súas 95 teses non estaba a pensar en constituír unha nova igrexa cristiá nin posiblemente en rebelarse contra as autoridades relixiosas. A historiografía entende que Martiño Lutero estaba a expor as súas inquedanzas relixiosas e teolóxicas, onde o tema das indulxencias ocupaba un papel central.

Continue reading “#01.22. Martiño Lutero para dummies … e para ateos”

#01.21.Expediente Reis Católicos: Doma, nación e mucho españoles

Quadruple_en_or_à_l'effigie_d'Isabelle_et_Ferdinand_les_monarques_catholiques

Éche perigoso achegarse a historia do reinado dos Reis Católicos. E non o digo eu, así se pronuncia o historiador Pegerto Saavedra na obra Historia das Historias de Galicia, publicado pola Editorial Xerais. É un tema que levanta moitas paixóns, desde quen ven nel o período fundacional da nación española, a quen lle atribúe todos os males da postración e desaparición na práctica do reino de Galiza. Debátese e discútese sobre este período con tanta o máis vehemencia que nun Celta-Depor ou nun Madrid-Barça.

Continue reading “#01.21.Expediente Reis Católicos: Doma, nación e mucho españoles”

#01.20. 1467: Galiza ceibe, poder popular. Os irmandiños

castelo_da_rocha_forte_torrec3b3n_e_muro_oeste

Un 25 de abril de 1467 producíase a toma e o derrubamento de Castelo Ramiro, en Ourense. Hai, exactamente, 550 anos, unha data redonda, mais que pasou inadvertida tanto para os medios de comunicacións como para a axenda institucional do noso país.
E por que é tan importante este acontecemento? Castelo Ramiro é a primeira das máis de 130 fortalezas medievais, castelos señoriais, que serán derrubados por un movemento popular coñecido coma os Irmandiños. Esta gran revolta, esta revolución irmandiña, gobernará Galiza durante dous anos, entre 1467 e 1469, alterando a estrutura social da Galiza medieval. Por primeira vez na historia de Galiza será o conxunto da poboación, autoorganizada na Xunta Xeral do Reino de Galiza, a que concentre todo o poder, executivo, lexislativo e xudicial. Continue reading “#01.20. 1467: Galiza ceibe, poder popular. Os irmandiños”

#01.19. 1919. O inicio do s. XX

signatures_du_traitc3a9_de_versailles_28_juin_1919_-_page_213
Tratado de Versalles. Sinaturas.

En 1919 as potencias vencedoras da Primeira Guerra Mundial reuníanse en París para negociar os termos dos acordos de paz. Dicimos ben, as potencias vencedoras, porque para a reconstrución de Europa e do mundo non foron convidados nin os países neutrais na guerra nin moito menos os países derrotados, con Alemaña á cabeza, que só foron chamados para coñecer os acordos tomados. Foi unha “paz de vencedores”, nada inclusiva, que acordaron os presidentes dos EE.UU., Francia e Gran Bretaña. Italia, que formaba parte do Consello dos Catro, retirouse coa sensación de que fora enganada, ao non aceptar os outros países os seus desexos territoriais na costa adriática. Continue reading “#01.19. 1919. O inicio do s. XX”

#01.18.A historia non é para fanboys: A Revolución Rusa

ManifestaciónAFavorDeLaRepúblicaPetrogrado1917--russiainrevolut00jone

100 anos. Xa pasou un século desde a revolución rusa. Falando así parece que só houbo unha, a de outubro de 1917, a bolxevique, a que deu paso ao primeiro estado comunista da historia. Mais a revolución rusa foi un longo proceso, que hai quen o estende case 100 anos, desde as revoltas de 1860 até a morte de Stalin en 1953, e quen prefire circunscribila aos primeiro cuarto de século, desde as revoltas universitarias de principios de século até a morte de Lenin en 1924. O que é certo é que durante este período van ter lugar, cando menos, tres revolucións: a de 1905, a de febreiro de 1917 e a xa citada de outubro dese ano. Continue reading “#01.18.A historia non é para fanboys: A Revolución Rusa”

#01.17. Nin allea nin neutral. A Primeira Guerra Mundial e Galiza

36-U-Boot-Kriegskarte_von_Europa_(1916)

Entre 1914 e 1918 tivo lugar un conflito que mudou o mundo: A Grande Guerra, con maiúsculas, unha guerra cunha intensidade como non existira outra antes; unha guerra total, co resultado de 13 millóns de mortos. A Primeira Guerra Mundial foi unha guerra iniciada polas potencias europeas e desenvolvida fundamentalmente en solo europeo. Foi a entrada en 1917 dos EE.UU. o que lle aportou o carácter extraeuropeo ao conflito, aínda que estes viñesen loitar a Europa. Mais o que verdadeiramente lle outorgou á contenda o carácter mundial é que os principais estados enfrontados eran posuidores de grandes imperios transoceánicos.
Continue reading “#01.17. Nin allea nin neutral. A Primeira Guerra Mundial e Galiza”

#01.16. Quen foi Sofia Casanova? A historia e a muller, entre a desmemoria e o esquecemento

Lo_eterno._Sofía_Casanova._Madrid,_1917._1ª_edición._Imprenta_Prensa_Popular._Director_Jose_de_Urquia

Sofía Casanova narrou de primeira man a I Guerra Mundial aos lectores do diario ABC. Foi a primeira muller contratada coma correspondente fixa, e desenvolveu o seu labor para este xornal madrileño entre 1915 e 1944. En Polonia, en Bielorrusia e en Moscova vivirá algúns dos acontecementos que marcan o século XX: a xa citada Grande Guerra, a Revolución Rusa e o inicio da Segunda Guerra Mundial. Poderiamos salientar o seu papel coma muller precursora nun mundo, o do xornalismo, até ese momento practicamente monopolizado polos varóns, mais entendemos que, sería, de xustiza, lembrala coma un modelo de xornalista comprometida: transmite unha visión unha visión propia, nada pregada nin compracente co poder, e que non se sente allea ni mera espectadora do mundo que lle tocou vivir e narrar. Con todo, Sofía continúa a ser unha grande esquecida, non reivindicada por ninguén.

Continue reading “#01.16. Quen foi Sofia Casanova? A historia e a muller, entre a desmemoria e o esquecemento”

#01.15. O suicidio de Europa. 1914. O inicio da Grande Guerra

 

Archduke_Franz_with_his_wife

O 28 de xuño de 1914 eran asasinados en Saraievo o arquiduque Francisco Fernando, herdeiro da coroa austrohúngara e a súa dona Sofía Chotek. Dise que as últimas palabras de Francisco Fernando foron: “Non pasa nada, non pasa nada”. Mais os acontecementos que se sucederon despois parece que non lle deron a razón, até o punto de que foi se ser cualificado coma “o asasinato que mudou a historia”, ou máis concretamente coma “o asasinato que iniciou a Primeira Guerra Mundial”. Mais foi este atentado o causante da Grande Guerra?
Continue reading “#01.15. O suicidio de Europa. 1914. O inicio da Grande Guerra”

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑