Historia_de_Galicia-Manuel_Murguía-debuxos_dos_petróglifos_da_Cividade
Non vivimos alleos á realidade do que está a acontecer en Catalunya, ou mais ben no conxunto do Estado, mais non imos dedicar o noso episodio ao tema, case monotema e que provoca longas e acendidas discusións.

Facemos historia e gostamos da historia, polo que nos chamou a atención que non fixo falla agardar moito tempo antes que xurdisen as “referencias” históricas. “Isto vai acabar coma en 1934”, ou bromas ou non tan bromas para repertir 1714.
Ficamos sorprendidos de descubrir a grande manipulación da historia que se fixo desde Catalunya e a adoutrinamento que os/as docentes de historia fixeron co alumnado catalán. Os medios de comunicación españois, cunha unanimidade espectacular, inundaban de noticias os informativos día tras día. E “descubrimos” que o falseamento da historia, no noso Estado, proviña dos gobernos de Pujol.
Desde Galiza, inmunes ao efecto Pujol, non podemos máis que ficar abraiados ante unha realidade que parece saír dunha película de ciencia ficción. Despois de anos e anos de ensino de historia, de currículos inzados de historia de España, o problema do relato da historia é o ensino en Catalanya.
Mentres, nesta realidade paralela, seguen a se publicar artigos que demostran e defenden a existencia dun reino de Galiza na Idade Media, unha historia silenciada desde a construción da historia nacional española no s. XIX.
Pois destes temas falamos neste episodio, e a partir da lectura de dúas obras sobre a historia de Galiza, unha colectiva baixo a coordinación de Isidro Dubert, Historia das historias de Galicia, e outra publicada polo profesor de historia contemporánea Xusto Beramendi, Historia mínima de Galicia, presentamos que temas se entenden hoxe que deberían aparecer, si ou si, nunha historia deste territorio sito no noroeste peninsular chamado Galiza.
Como recomendación, para profundar e coñecer a nosa historia, ademais de contribuír a defensa do noso patrimonio histórico e cultural, recomendamos unha páxina web, que como eles mesmo titulan vai sobre a nosa historia contrada doutro xeito: http://historiadegalicia.gal/.
E seguimos co tema iniciado no episodio anterior, o expolio da familia do ditador Francisco Franco, cuxa voracidade parece, polo visto, que non ten fin (nin se sabe até onde chegará o que se descubra), e facemos mención á Asociación O Sorriso de Daniel, que xa desde o 2012 viñan denunciando o roubo.

Acompáñanos nesta viaxe polos libros de historia de Galicia.


Oe ou descarga o audio do episodio en spreaker:

Oe ou descarga o audio do episodio en ivoox.

Oe ou descarga o audio do episodio en iTunes.

Descarga directa do mp3

Ademais destas plataformas de podcast, quen o así o preferiren, poder ouvir este episodio a través de youtube.
https://www.youtube.com/watch?v=R3fTBpHLWnI

CRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons):

Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).

Imaxe: Debuxo de petróligos da Cividade (San Xurxo de Sacos, Cotobade), recollidos na Historia de Galicia de Manuel Murguía.

Advertisements