Quadruple_en_or_à_l'effigie_d'Isabelle_et_Ferdinand_les_monarques_catholiques

Éche perigoso achegarse a historia do reinado dos Reis Católicos. E non o digo eu, así se pronuncia o historiador Pegerto Saavedra na obra Historia das Historias de Galicia, publicado pola Editorial Xerais. É un tema que levanta moitas paixóns, desde quen ven nel o período fundacional da nación española, a quen lle atribúe todos os males da postración e desaparición na práctica do reino de Galiza. Debátese e discútese sobre este período con tanta o máis vehemencia que nun Celta-Depor ou nun Madrid-Barça.

Achegámonos ao nacemento do Estado moderno. A acción dos Reis Católicos, en especial Isabel en Castela, levará á creación dunha estrutura administrativa, daranse pasos cara a unha imposición sobre a nobreza e o resto de grupos sociais, aproveitando a acción da “Santa Hermandad”, que actuará para garantir a paz e a orde no interior do reino, así como do Tribunal da Inquisición, que os monarcas controlarán directamente.
O casamento de Isabel e Fernando cristalizarase no que se deu en chamar “unión dinástica”, mais non no nacemento dunha nación chamada España. A súa acción política permitiu transformar un reino medieval nun estado moderno.
Ao longo do episodio repasaremos os mitos existentes sobre este reinado e analizaremos a interpretación do seu goberno sobre o reino de Galiza, tan marcado pola expresión extraída do discurso de Castela no Parlamento “da doma e castración do Reino de Galiza”. Repasaremos outros mitos existentes, en especial sobre a acción da nobreza galega en relación á raíña Isabel e ao futuro Carlos I.
Acompáñanos á Galiza de 1480.

Oe ou descarga o audio do episodio en spreaker:
Oe ou descarga o audio do episodio en ivoox.
Oe ou descarga o audio do episodio en iTunes.
Descarga directa do mp3

Ademais destas plataformas de podcast, quen o así o preferiren, poder ouvir este episodio a través de youtube.
https://www.youtube.com/watch?v=vASWLA_bLSY

CRÉDITOS (todos os audios distribúense con licenza Creative Commons):
Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).
AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIA:
Fata la parte, de Juan del Encina, interpretada polo Collegium Vocale: https://www.youtube.com/watch?v=78P9NCOUYcw

Imaxe: Cuádruple ducado de ouro, coa imaxe de Isabel e Fernando, “rei e raíña”. Revisade se aparece España. Cortesía de wikipedia.

Advertisements