emilie_chatelet_portrait_by_latour

Un 10 de setembro de 1749 falecía a escritoria e física francesa Émilie du Châtelet. De seguro que non ouvistes falar dela, mais é considerada a primeira gran científica e matemática francesa, unha das mulleres máis destacadas da Ilustración na Francia do s. XVIII.

No episodio anterior falabamos da Ilustración, ese movemento intelectual que tivo o seu auxe no s. XVIII e que xogou un papel central nas transformacións que vai vivir a sociedade nese século e na configuración da Idade contemporánea.

Se ouvistes o episodio anterior, ou se vos achegades a un artigo sobre a Ilustración, ou mesmo as entradas que sobre este movemento hai na wikipedia en galego, ou na moito máis extensa en castelán, pódevos asaltar unha pregunta: U-las mulleres?

Porque como podemos observar no relato que se fai da historia, parece que eliminamos ao 50% da poboación. Cómpre, cando menos, reflexionar sobre estes silencios da historiografía, que exclúe do seu relato, polo xeral,  ás mulleres da relevancia que tiveron. (unha historia feita por homes, para os homes). E así temos a mulleres ilustradas, cunha enorme importancia para o desenvolvemento das Luces, mais ocultas na sombra dos relatos históricos.

E que pasou no noso país?  Como xa sabemos, o desenvolvemento da Ilustración deuse entre unha minoría moi minotaria da burguesía e da nobreza. As ideas non xorden do aire, e non se difunden no aire: necesitan unha base social que as acolla e as poña en práctica. O que si existía en Francia ou en Gran Bretaña, non vai acontecer en Galiza.

A minoría letrada, formada, en Galicia era moi conservadora, moi tradicional. Aínda que si se coñeceron os principios ilustrados, dominaron quen so buscaron establecer pequenas reformas para buscar unha mellora da economía. Con todo, cómpre salientar os frades Martiño Sarmiento e o Benito Feijóo, así como a Lucas Labrada.

Recomendación: Galicia. Raíces e compromiso. O autor, Manuel Cabada Castro fai unha reflexión sobre a cultura, a lingua e a historia de Galicia, e presenta as reflexións de Martiño Sarmiento e Benito Feixóo onde analizaban a situación da Galiza do s. XVIII e a causa dos seus males.

Acompáñanos nesta viaxe ao século XVIII:

  • Oe ou descarga o audio do episodio en spreaker:
  • Oe ou descarga o audio do episodio en ivoox.
  • Oe ou descarga o audio do episodio en iTunes.
  • Descarga directa do mp3

Ademais destas plataformas de podcast, quen o así o preferiren, poder ouvir este episodio a través de youtube.

https://www.youtube.com/watch?v=DUma6SOVDmo

CRÉDITOS do episodio:

Música da sintonía:  http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).

As músicas de Facemoshistoria:

https://musopen.org/

  1. A. Mozart, Oboe quartet in F: https://musopen.org/music/2458/wolfgang-amadeus-mozart/oboe-quartet-in-f-k-370/
  2. A. Mozart, Sonata para piano a catro mans en C: https://musopen.org/music/2388/wolfgang-amadeus-mozart/sonata-for-piano-four-hands-in-c-k-521/

A imaxe desta entrada cortesía de wikipedia.

Advertisements