marchands_desclaves_de_gorc3a9e-jacques_grasset_de_saint-sauveur_mg_8526

Aínda que pareza paradoxal, o século XVIII foi un século de crise, mais tamén de desenvolvemento económico. Porque como etimoloxicamente indica a palabra, a crise foi unha mudanza, un cambio dunha estrutura social, económica política e cultural, que xa non era capaz de dar resposta ás necesidades da poboación.

O século XVIII supón o principio do fin do Antigo Réxime (sen saírmonos de Europa, en Rusia haberá que agardar até o s. XX para que se produza este proceso, da man da revolución bolxevique), e o nacemento e consolidación dos principios do liberalismo económico, é dicir, da economía capitalista, o sistema económico “GLOBAL” na actualidade.

Por moito que o capitalismo nos pareza hoxe coma un sistema económico imbatible, todopoderoso, tivo unha orixe, que desde a perspectiva histórica, non está moi afastada no tempo. E do seu futuro pouco sabemos, mais o estudo da historia demóstranos que o futuro pode ter moitos camiños alternativos.

O capitalismo é un sistema que permitiu crear riqueza coma nunca. Ben é certo que na súa orixe descoñecíase o enorme impacto ambiental, os enormes custos na calidade de vida no noso planeta, mais por primeira vez ha historia, os seres humanos xa non dependían unicamente do vaivén dos ciclos metereolóxicos para asegurar a súa mantenza: as crises provocadas pola escaseza de alimento, que provocaban fames, vagas de epidemias e mortes, propias do Antigo Réxime, van ser substituídas polas crises de superprodución, igual de cíclicas e que tamén provocarán mortes.

A orixe do capitalismo pode ser vista coma unha aposta por un crecemento económico, por unha mellora na vida das persoas. Mais a acumulación do capital que a propiciou, en moitos casos vinculados ao comercio triangular, de fortes beneficios, móstranos a faciana máis evidente de todo o sistema: ante o capital, todo se convirte en produto, que entra no xogo da oferta e da demanda. Así, o comercio triangular pivotaba sobre unha “mercadoría” moi rendible, as persoas humanas. Acumulación de riqueza da man da escravitude, é dicir, de persoas. Como di Makota Valdina, educadora, líder comunitaria e relixiosa brasileira, ela non é descendente de escravos, senón de seres humanos que foron escravizados.

Partimos de seres humanos que foron escravizados: non se segue a escravizar a seres humanos baixo as regras do mercado?

Acompáñanos nesta viaxe ao século XVIII:

  • Oe ou descarga o audio do episodio en spreaker:
  • Oe ou descarga o audio do episodio en ivoox.
  • Oe ou descarga o audio do episodio en iTunes.
  • Descarga directa do mp3

Ademais destas plataformas de podcast, quen o así o preferiren, poder ouvir este episodio a través de youtube.

https://www.youtube.com/watch?v=6yIY5dFwH6s
CRÉDITOS do episodio:

Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).

As músicas de Facemoshistoria:
https://musopen.org/
G. F. Händel, Sonata en F Maior:

G. F. Händel, Israel en Exipto:
G. F. Händel, Israel en Exipto: https://musopen.org/music/1181/georg-friedrich-handel/israel-in-egypt/

Imaxe da entrada do blog, cortesía de wikimedia commons.

Advertisements